Publicacións

Erasmus+: Día 5, venres 20 de maio. A despedida

Imaxe
Co permiso de Kevin Munro , director da escola, empezamos a xornada máis tarde do habitual e principalmente foi un día de despedida. O director regalounos dúas sudaderas da escola e fíxonos moitísima ilusión. " Tack tack " Kevin! S ó podemos dicir cousas positivas da nosa experiencia. Estamos enormemente agradecidas polo acollemento que tivemos dende o primeiro día. Portáronse de maneira excepcional: o director, o profesorado, o " staff " e o alumnado. Fixéronnos sentir como na casa. Dende aquí moitas , moitas grazas! Para concluír e en relación coa temática do noso proxecto Erasmus, queremos destacar que en cuestións de: - Sostenibilidade : na escola sueca están altamente concienciados coa reciclaxe. Hai diferentes contedores de plástico, papel, orgánico en múltiples espazos do centro e en varios talleres como o de textil e madeira reutilizan os materiais - Uso de espazos fora da aula: non sabemos noutros centros, pero neste puidemos observar que basicamente

Erasmus+: Día 4, xoves 19 de maio

Imaxe
A xornada do xoves estivemos en clases de español axudando a Isabel cunha proba de expresión oral. Despois fomos ao departamento para darlles un pequeno detalle de agradecemento e despedirnos deles xa que os profesores de linguas estranxeiras non teñen clase o venres. Á hora da comida presentáronnos ao chef da escola, un francés moi positivo e simpático! Explicounos que todos os xoves cómese de primeiro unha sopa e como prato principal uns pancake con xarope de amorodo. Curioso a verdade! Finalizamos a xornada laboral coa clase de Tobia, a profe de Artes Plásticas . Esa sesión estaba dedicada ás presentacións dos proxectos anuais da clase de 9º grao. Os alumnos, como xa explicamos, tiñan que crear mediante debuxos os bosquexos dunha película ou vídeo xogo inventado por eles. Puidemos ver traballos marabillosos.

Erasmus+: O sistema educativo sueco e o funcionamento da escola

Imaxe
Neste pequeno vídeo, explicámosvos brevemente o sistema educativo sueco Aquí contámosvos aspectos relevantes da distribución das materias Agora ímosvos a falar dos horarios do alumnado e do profesorado  E squema de equivalencias do sistema educativo sueco: Horario de un alumno 

Erasmus+: Día 3, mercores 18 de maio

Imaxe
A xornada do mércores estivo centrada especialmente na clase de Téxtil impartida por Lizelotte . Esta materia, como xa comentaramos, impártese obrigatoriamente en 6º e 7º grao e pasa ser optativa en 8º e 9º grao. A profesora explicounos que ao principio de curso presenta ao director un cálculo aproximado dos gastos de material necesario para todo o ano, que tras ser aprobado, encárgaselle a unha empresa. Coma sempre os rapazes non teñen que mercar absolutamente nada. - Collage de retaís bordados e pintados polo alumnado de 6 grao: - Alumnas de 9º grao elaborando a vestimenta dos anos 60-70 (hyppies) para presentar nun desfile de moda ao final de curso. Os proxectos de 8º e 9º grao consisten en elaborar vestimentas de diferentes épocas da historia (medieval, anos 20....) - No curso de 7º grao estaban creando estos precioso bonecos de lá: Neste vídeo vemos a dous alumnos de 6ºgrao cosendo. Aínda que nos últimos cursos ao ser optativa , a maior parte do alumnado sexa feminino, conside

Erasmus+: Día 2 martes 17 de maio

Imaxe
O noso día no instituto comezou ás 8 da mañá, estivemos en clases diferentes durante unhas horas, Cristina en francés acompañando a Angélica cun grupo de 6º grao e Tatiana con Raquel en español cun grupo de 8º grao. Puidemos participar activamente interactuando co alumnado e observamos, que igual que en Galicia, hai alumnos/ as de todo tipo: os que mostran interese e os que pasan de todo e están a outras cousas. Se houbese que destacar algo é que son silenciosos e non hai o ruído de fondo que tanto molesta cando un dá clase. A media mañá, reunímonos con todo o departamento de linguas estranxeiras onde tiñan unha mesa reservada para cada unha. O departamento de Francés e de Alemán son unipersoais ( Angelica e Judith) pero no departamento de Español hai 4 profesores de diferentes nacionalidades (Raquel e Isabel españolas, Juan arxentino e Marcela chilena). Explicáronnos detalladamente o funcionamento tanto da escola como do sistema educativo sueco (faremos un post aparte sobre isto)