Erasmus+: Día 5, venres 20 de maio. A despedida

Co permiso de Kevin Munro, director da escola, empezamos a xornada máis tarde do habitual e principalmente foi un día de despedida. O director regalounos dúas sudaderas da escola e fíxonos moitísima ilusión. " Tack tack" Kevin!



Só podemos dicir cousas positivas da nosa experiencia. Estamos enormemente agradecidas polo acollemento que tivemos dende o primeiro día. Portáronse de maneira excepcional: o director, o profesorado, o " staff" e o alumnado. Fixéronnos sentir como na casa. Dende aquí moitas , moitas grazas!

Para concluír e en relación coa temática do noso proxecto Erasmus, queremos destacar que en cuestións de:

- Sostenibilidade: na escola sueca están altamente concienciados coa reciclaxe. Hai diferentes contedores de plástico, papel, orgánico en múltiples espazos do centro e en varios talleres como o de textil e madeira reutilizan os materiais

- Uso de espazos fora da aula: non sabemos noutros centros, pero neste puidemos observar que basicamente utilizan as aulas materia ou de referencia. Pola contra entre clases usan moito os espazos comúns interiores (corredores, sala de xogos, talleres, biblioteca, o recuncho bar co seu chill out...). Por razóns climatolóxicas obvias, en poucas ocasións disfrutan dos espazos ao aire libre.

- Inclusión: o alumnado con necesidades educativas especiais, nesta escola recibe apoio fora da aula por unha cuestión de aforro na economía do centro, pero na meirande parte dos institutos públicos de Suecia o alumnado permanece dentro da aula xunto cos compañeiros e o profesor/a de reforzo.

- Internacionalización: na escola ademais de sueco, foméntase moito o estudo de linguas estranxeiras xa que se imparten 4 idiomas: inglés, español, francés e alemán. O alumnado utiliza de maneira fluída máis dun idioma (sobre todo o inglés). Unha parte do profesorado é nativo de diversas nacionalidades o que ao noso entender enriquece ao ensino non só a nivel lingüístico senón tamén culturalmente. O centro está inmerso en dous Erasmus+ diferentes : un K2, onde o profesorado e o alumnado desenvolven conxuntamente un proxecto de sostenibilidade con tres países (Italia, Francia e Groenlandia) ; e no noso proxecto K1 como centro de acollida.

Non queremos acabar este post sen dar o noso agradecemento a toda a comunidade Erasmus que fai posible proxectos internacionais desta envergadura e que resultan tan enriquecedores ,en todos os aspectos, tanto para o alumnado como o profesorado.


TACK SVERIGE OCH VI SES SNART !

Cristina Pena y Tatiana Otero

BONUS:






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Erasmus+: Día 3, mercores 18 de maio