Erasmus+: Día 3, mercores 18 de maio

A xornada do mércores estivo centrada especialmente na clase de Téxtil impartida por Lizelotte. Esta materia, como xa comentaramos, impártese obrigatoriamente en 6º e 7º grao e pasa ser optativa en 8º e 9º grao. A profesora explicounos que ao principio de curso presenta ao director un cálculo aproximado dos gastos de material necesario para todo o ano, que tras ser aprobado, encárgaselle a unha empresa. Coma sempre os rapazes non teñen que mercar absolutamente nada.

- Collage de retaís bordados e pintados polo alumnado de 6 grao:



- Alumnas de 9º grao elaborando a vestimenta dos anos 60-70 (hyppies) para presentar nun desfile de moda ao final de curso. Os proxectos de 8º e 9º grao consisten en elaborar vestimentas de diferentes épocas da historia (medieval, anos 20....)






- No curso de 7º grao estaban creando estos precioso bonecos de lá:



Neste vídeo vemos a dous alumnos de 6ºgrao cosendo. Aínda que nos últimos cursos ao ser optativa, a maior parte do alumnado sexa feminino, consideramos moi positivo que todos teñan uns coñecementos básicos nos seus primeiros anos de estudos, que lles serán de utilidade na vida diaria, e que aos poucos, se vaian rompendo estereotipos. En cuestión de xénero a sociedade sueca é bastante igualitaria.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Erasmus+: Día 5, venres 20 de maio. A despedida