Erasmus+: Día 4, xoves 19 de maio

A xornada do xoves estivemos en clases de español axudando a Isabel cunha proba de expresión oral. Despois fomos ao departamento para darlles un pequeno detalle de agradecemento e despedirnos deles xa que os profesores de linguas estranxeiras non teñen clase o venres.

Á hora da comida presentáronnos ao chef da escola, un francés moi positivo e simpático! Explicounos que todos os xoves cómese de primeiro unha sopa e como prato principal uns pancake con xarope de amorodo. Curioso a verdade!


Finalizamos a xornada laboral coa clase de Tobia, a profe de Artes Plásticas. Esa sesión estaba dedicada ás presentacións dos proxectos anuais da clase de 9º grao. Os alumnos, como xa explicamos, tiñan que crear mediante debuxos os bosquexos dunha película ou vídeo xogo inventado por eles. Puidemos ver traballos marabillosos.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Erasmus+: Día 3, mercores 18 de maio

Erasmus+: Día 5, venres 20 de maio. A despedida