Erasmus+: Día 1, Luns 16 de maio 2022

Con moito cansazo ás 7 da madrugada collimos o noso tren cara a Viggbyholm, no barrio de Täby, onde se atopa a Escola Internacional de Secundaria de Bergtorp. Trátase dunha especie de escola concertada (Totalmente gratuíta para o alumnado pero xestionada por unha empresa privada) con arredor de 650 alumnos/as (de clase media, media-alta), 45 profesores/as e 20 traballadores como persoal laboral. Como o Director, Kevin Munro, non estaba nese momento, os profesores recibíronnos moi amablemente, déronnos o nosos horarios e ensináronnos todas as instalacións que nos deixaron realmente fascinadas.

Horario:


Tras a primeira toma de contacto, e despois de tomar froita e un café na sala de profes, asistimos a clase de Artes  Plásticas coa profesora Tobía. O curso era de 9º grado e estaban traballando as diferentes fases de elaboración dun  proxecto  para unha película ou un videoxogo , creando bosquexos dos personaxes,  escenarios, etc. Os alumnos superaban a veintena e achegábanse a ela cada vez que querían consello . Todos tiñan o seu ordenador portátil  para buscar información e facer fotos do proceso de traballo. Quedamos abraiadas ao saber que  os materiais son íntegramente gratuítos , dende un simple lapis a todo tipo de pinturas, libros, ordenadores, etc( que envexa!). O alumnado non ten que mercar nada para ningunha materia porque o provee o estado e  esto é así en todas as escolas do país. Guauuu!!!.  Ela explicounos que tiña ao redor de 650  alumnos ( todos os da escola)  xa que é una materia obrigatoria en todos os cursos, aínda que nalgúns deles se cursa semestralmente, e é a única profe que a imparte no cole. Ao finalizar a clase houbo un período de 15 minutos onde Tobía foi preparando o material para os de 8º grado que era o alumnado que viña a continuación. Durante ese tempo  observamos que algúns alumnos/as doutros cursos entraban a preguntarlle dúbidas e, aproveitando os tempos libres,  sentábanse na aula do lado a traballar . Hai que dicir que os horarios e a duración das clases non son iguais para todos , hai clases de  40, 60  e 80 minutos máximo (como nas materias de Artes) e o alumnado, ademáis do tempo para comer (1 hora aproximadamente)  ten descansos de 5, 10 ou 15 minutos entre clases.

Os de 8º curso realizaron una presentación en público de todo o  traballo do  semestre. Algúns fixéronno especialmente ben. A profe  ensinounos un exame teórico , comprobamos que era moi básico e que a caligrafía non era boa, xa que fan todo co ordenador. Explicáronnos que se fomenta moito a búsqueda de información e o análise e contraste diferentes fontes máis que a profundización de contidos.   Polo que poidemos observar o uso das tecnoloxías na aula, axuda nalgúns aspectos, pero é  prexudicial noutros, xa que, en ocasións,  as usan para distraerse en lugar de traballar e prestar atención ás clases.

Ás 15:00 horas rematou a nosa primeira xornada laboral sueca e , moi contentas e cansas,  regresamos ao centro da cidade, asimilando comparando e comentando todo o vivido.

Pola tarde camiñamos algo por Estocolmo  e deitámonos cedo para coller forzas.

Aquí deixámosvos algunhas fotos.

- Instalacións comúns:








- Enfermería con enfermera dúas veces á semana:


- Rincón xogos:


- Casilleiros dos alumnos :


- A sala de profesores: ten varias estancias: unha zona con sofás e bandexas con froita (todo gratuíto!!!), unha cociña ben equipada con café, té e leite e unha terraza axardinada para os momentos " Fika" (palabra sueca que describe un momento agradable xunto a un bo café).
Para que o entendades mellor deixámosvos esta ligazón (ligazón).








- Obradoiro de Costura. É unha materia que teñen todos os alumnos durante un semestre en 6º e 7º grao (1º e 2º de ESO) e que pasa a ser opcional en 8º e 9º grao (3º e 4 de ESO).


- A biblioteca:

- Aula de plástica:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Erasmus+: Día 3, mercores 18 de maio

Erasmus+: Día 5, venres 20 de maio. A despedida